Xa podes revivir en imaxes a XXV Carreira Popular de Arteixo

Mai 06, 2025

Publicadas as galerías oficiaisdunha edición histórica

Arteixo, 5 de mayo de 2025 —O pasado 1 de maio, Arteixo viviuunhaxornada para o recordo coa celebración da 25ª edición da súaCarreira Popular, unha cita que reuniu a preto de 1.500 participantes de todas asidades e que encheu as rúas do municipio de deporte, emoción e espíritode esforzo.

Agora, todas aspersoas que participaron, colaboraron ou animaron xa poden revivir os mellores momentos a través das galerías fotográficas oficiais, que recollen instantáneas desde as primeirascarreiras dos máispequenos ata a entrega de trofeos e a chegada á meta da proba absoluta.

Accede a todas as fotos premendo aquí:

? Enlace

Estas imaxesamosan á perfección o ambiente, a paixóne a lediciadunha cita que, edición tras edición, continúa medrando e que este ano celebrouun cuarto de século de historia.

Desde a organización queremos agradecer a todas as persoasparticipantes, a suaaxuda para conservar este arquivo visual tan especial. Busca o teu dorsal, a túachegadaou o teusorriso e compárteoco hashtag#CarreiraArteixo25