A Carreira Popular de Arteixo é un evento para todos

Abr 18, 2024

O mércores 1 de maio é un evento para todos, onde a rapazada terá o seu momento antes da carreira absoluta.

A Carreira Popular Concello de Arteixo non perde a súa vocación interxeracional, cunha proposta de carreiras para case todas as idades.

A xornada empezará ás 10:00 horas coas carreiras de menores, que estarán dirixidas á rapazada entre os 5 e os 17 anos, con distancias adaptadas á súa idade de nacemento.

A continuación chegará o momento das categorías adaptadas, o mellor exemplo de que a carreira arteixana é un evento para todos.

Pouco despois chegará o momento da carreira absoluta, que terá o seu pistoletazo de saída ás 11:50. As categorías en liza nesta última cita da mañá serán a senior, dos 18 aos 34 anos, e tres máis destinadas aos veteranos comprendidos entre os 35 e os 50 anos -categoría A-, dos 51 aos 64 anos -categoría B-, e de aí en diante os esforzados veteranos C.