A Carreira Popular de Arteixo fiel á súa cita o 1 de maio

Abr 11, 2024

Despois da súa volta ao calendario de carreiras no ano 2023, o Concello de Arteixo anuncia a apertura de inscricións para a XXIV Carreira Popular do Concello de Arteixo, que se celebrará o próximo 1 de maio

O Concello de Arteixo abre as inscricións para a vixésimo cuarta edición da súa carreira popular. A proba mantén as súas señas de identidade, con carreiras de adultos e de menores, e o seu carácter gratuíto para o fomento da actividade física na poboación. 

A data do 1 de maio é a escollida, como é tradicional,polo que a mañá do mércores festivo vaise encher de oportunidades para a práctica física para todas as idades. O programa comeza coas carreiras para menores ás 10:00 horas, onde poderán participar toda a rapazada entre 5 e 17 anos, con distancias adaptadas según as datas de nacemento. De seguido a carreira de adultos, de 11,7 Km. e saída ás 12:00 horas na zona do Pazo dos Deportes de Arteixo.

O evento ten tamén unha compoñente solidaria a prol do Banco de Alimentos e a Fundación Stop Leucemia, para axudar aos seus proxectos, e  estarán presentes o día do evento.

A inscrición está dispoñible na web oficial (pica aquí) e permanecerá aberta ata o mércores 24 de abril.

(fuente foto ideal gallego)